Traballo 1ª Av.

PROPOSTAS DIDÁCTICAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

OBXECTIVOS:

Elaborar dúas propostas de actuacións didácticas:
1ª Proposta – dirixida a alumnado da vosa idade e nivel, 3º da ESO.
2ª Proposta – dirixida a alumnado de Educación Infantil ou Educación Primaria (debedes escoller 1 das dúas etapas).

Cada unha das propostas ten que reunir os seguintes requisitos:
1º Requisito – Ten que partir do estudo das palabras.
2ª Requisito – Partindo do estudo lingüístico ten que traballar a loita contra a violencia de xénero.

PROCEDEMENTOS:
  1. Elíxese o nivel ao que vai dirixida a proposta dinámica de grupo para ver cal das diferentes ideas que se nos ocen unha
  2. Creamos unha dinámica de grupo para decidir cal das diferentes ideas que se nos ocorren se adapta mellor aos obxectivos.
  3. Unha vez decidida a idea que imos desenvolver, estudamos o seu grao de adaptación aos criterios de avaliación. Se detectamos que presenta deficiencias nalgún dos 5 criterios de avaliación, miramos de mellorar o noso traballo nesa dirección.
  4. Decidimos a mellor forma de levar á práctica a nosa idea (tipo de necesidades informáticas, de materiais, etc.).
  5. Decidimos a forma de organización do grupo para cada unha das tarefas de tal xeito que todos os membros colaboren.
  6. Realizamos o traballo.
  7. Revisamos se o resultado se adapta ao planificado, o ideal sería que o noso produto final mellorase a idea inicial.
  8. Entregamos en forma e prazo.

PRAZOS DE ENTREGA

3A – 3B – 3C: Venres 12 de decembro
Os traballos que deban ser entregados fisicamente, recolleranse o venres 12 no primeiro recreo na aula de 3A.

*Non se admitirá ningún traballo entregado fóra do prazo indicado baixo ningunha circunstancia. A non entrega do traballo en prazo provoca unha cualificación negativa en todos os membros do grupo de traballo.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE CADA PROPOSTA DIDÁCTICA:

  1. Adáptase ao tema e á idade das persoas ás que está dirixida?
  2. Traballa de forma explícita vocabulario específico relacionado co tema?
  3. Procura unha mellora activa da lingua das persoas ás que vai dirixida?
  4. Amósase creatividade na realización da proposta?
  5. A presentación dos materiais é a apropiada?

*Cada criterio cualificarase nunha escala: NADA – POUCO – BASTANTE – MOITO

*Cada membro do grupo deberá contestar un cuestionario sobre o traballo realizado.

1 comentario:

  1. Pilar,cando vas colgar os programas de edición para que poidamos editar os nosos vídeos?

    ResponderEliminar