Déixovos o enlace a un artigo onde podedes atopar enlaces a bancos de recursos de balde que podedes utilizar nos vosos traballos.
luns, 8 de decembro de 2014
domingo, 30 de novembro de 2014
Visita de Ledicia Costas
Mañá estreamos o mes de decembro cunha visita de luxo, vénnos ver Ledicia Costas.
Con ela teremos a oportunidade de compartir palabras sobre O corazon de Xúpiter.
Tes algunha pregunta para ela? Déixaa nos comentarios desta entrada.
Non esquezas o teu exemplar na casa!
Con ela teremos a oportunidade de compartir palabras sobre O corazon de Xúpiter.
Tes algunha pregunta para ela? Déixaa nos comentarios desta entrada.
Non esquezas o teu exemplar na casa!
sábado, 8 de novembro de 2014
Ficha do control de novembro 2014
![]() |
Imaxe vía Xibarda. |
POSIBLES CUESTIÓNS DA PROBA
-Dado un tema, realiza o esquema dunha
redacción con todas as súas partes.
-Escribe unha oración con cada unha
das seguintes palabras. Non esquezas que as túas oracións deben
cumprir os 3 requisitos que utilizamos sempre: lonxitude de mínimo
dez palabras sen contar os artigos; tense que poder deducir pola
oración que coñeces o significado da palabra en cuestión; o
rexistro debe ser formal, debe ser un enunciado que poida aparecer
publicado nun xornal.
-Preguntas de teoría.
-Dada unha definición ou un sinónimo,
escribe a palabra correspondente.
-Acentúa o seguinte texto.
-Acentúa as seguintes oracións e
xustifica a presenza ou ausencia de acento gráfico nas palabras
subliñadas.
LÉXICO
-Campo semántico das emocións e
sentimentos (pp. 14-15)
-Campo semántico dos antropónimos
(pp. 42-43)
-O teu nome e os teus apelidos.
-Campo semántico das partes do corpo
(no blog da materia)
-Palabra do día (no Portal dasPalabras)
-Léxico da aula (recompilado no
caderno individual da materia)
TEORÍA
-O alfabeto.
-Acentuación (pp.18-19, 46).
-Que é a Onomástica?
É a parte da lingüística que estuda
os nomes propios.
-Que é a Antroponimia?
É a rama da Onomástica que estuda os
nomes propios e os apelidos das persoas.
-Que é un alcume?
Denominación pola que é coñecida
unha persoa que non é o seu nome propio.
-Que é un hipocorístico?
É a variante familiar dun nome.
-Indica cinco tipos de apelidos e
sinala como mínimo un exemplo de cada un deles.
Patronímicos: proceden do nome do pai
(p.ex. López)
Toponímicos: proceden dun nome de
lugar (p.ex. Docampo)
De oficio ou profesión (p.ex.
Ferreiro)
De alcumes (p.ex. Roxo)
Do mundo vexetal e animal (p.ex.
Carballo, Raposo)
-Sinala 4 tipos de antropónimos?
Nome
Hipocorístico
Alcume
Apelido
luns, 27 de outubro de 2014
Partes do corpo
PARTES
DO CORPO
![]() |
Imaxe vía Fleshmap. |
A
CABEZA: o
curuto; a cara, o rostro, a face ou a faciana; a fronte; a tempa, sen ou vidalla; a
orella; o ollo; a cella; o cello; a pálpebra; a pestana; o iris; a
pupila ou meniña do ollo; a fazula ou meixela; a bochecha ou o
pómulo; o nariz; as ventas do nariz; a boca; o beizo ou labio; o
dentame, a dentadura ou a dentición; o dente; o cairo; a moa (moa do
xuízo ou moa do siso); a lingua; o padal ou ceo da boca; o veo do
padal; a campaíña ou úvula; a gorxa; o queixo; a queixada (rexión
da meixela que se corresponde coa mandíbula); a papada, o papo (papo
da cara) ou a papeira; o colo ou o pescozo (non se pode utilizar
pescozo para as prendas de roupa); a noz; a caluga ou noca.
O
TRONCO: o ombreiro ou
ombro; a axila ou sobrazo; as costas; a omoplata; o lombo (dende os
ombreiros ata a cintura); o cadril (parte baixa a continuación do
lombo, pl. os cadrís); o cu; a nádega ou cacha; a regaña do cu; o
ano, o fecho ou o ollo do cu; o peito (xenérico); o peito, o seo, a
teta ou a mama; a mamila ou o bico do peito; a aréola; o ventre ou
abdome; o van ou a cintura; o embigo; a barriga; a cadeira; a pube; a
vulva (coloq. a cona); o pene (coloq. o carallo): o testítulo
(coloq. o collón ou o ovo).
O
BRAZO:
o cóbado; o
antebrazo; o pulso; a man; o dorso da man; a palma da man; o coteno,
cotelo ou cotobelo; a unlla; a xema do dedo; os dedos;
o polgar, matapiollos ou cachapiollos; o índice, mostreiro ou
furabolos; o corazón, maior ou pai de todos; o anular, mediano,
medianiño ou dedo do aro; o maimiño ou pequeniño.
A
PERNA: a ingua, éngoa
ou virilla; a coxa; o nocello; a sofraxe; a canela; o papo da perna;
o nocello, o noelo ou o tornecelo; o pé; a empeña; a deda; a planta
do pé; o calcaño, o calcañar ou a calcañeira.
mércores, 8 de outubro de 2014
O corazón de Xúpiter 01
Hoxe comezamos a nosa aventura co libro de Ledicia Costas, O corazón de Xúpiter.
Queres coñecer algunhas opinións sobre o libro?
- Serxio Rodríguez Rodríguez (3º ESO do CPI do Rosal).
- Ana Colmeiro Corral
martes, 7 de outubro de 2014
luns, 6 de outubro de 2014
domingo, 5 de outubro de 2014
Benvida
Inauguramos este blog que nace como ferramenta para a aula de lingua e literatura galegas en 3º da ESO no IES da Pobra do Caramiñal no curso académico 2014-2015.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)